sábado, 4 de outubro de 2014

Taller matemático de primaria


Taller de matemáticas para o alumnado de Primaria no "Wikiespacio" (en castelán).

Atoparás unha morea de actividades para as distintas idades que comprende a Educación Primaria (6-12 anos).

Ver  "Ligazóns de interese" neste blogue.


venres, 3 de outubro de 2014

QUE É A ATMOSFERA?




NOTA: No vídeo, non nomea a última capa da atmosfera: a EXOESFERA, nela: os gases pouco a pouco  dispersanse ata que a composición é similar a do expacio exterior

A LÚA


PREME SOBRE A IMAXE DA LÚA PARA COÑECER MÁIS COUSAS SOBRE O NOSO SATÉLITE

FASES LUNARES


martes, 23 de setembro de 2014

2015 Ano Internacional do solo

A 68ª sesión da Asemblea Xeral da ONU declara 2015 Ano Internacional dos solos  (A/RES/68/232).

A Organización da Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) foi encargada de implementar o Ano Internacional dos solos 2015 (AIS) no marco da Alianza Mundial polo Chan e en colaboración cos gobernos e a secretaría da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertización (CNULD).

O AIS 2015 ten como obxectivo aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións ecosistémicas esenciais.

O sitio web do AIS é a principal plataforma para compartir información e recursos relevantes con diferentes socios. O sitio actualizarase proximamente. Invitámolo a volver visitalo para máis información.

Os obxectivos específicos do Ano Internacional dos solos 2015 son os seguintes:

Conseguir a plena concienciación da sociedade civil e os responsables da toma de decisións sobre a profunda importancia do chan para a vida humana;
Educar o público sobre o papel crucial que desempeña o chan na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible;
Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do chan;
Promover investimentos en actividades de manexo sostible da terra para desenvolver e manter chans saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación;
Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015;
Promover unha mellora rápida da capacidade para a recompilación de información sobre o chan e a supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).


Ver tamén 2015 Ano Internacional da luz


Herbas aromáticas


2015 Ano Internacional da Luz

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou na súa LXVIII sesión o ano 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz. A devandita resolución conta co copatrocinio de 35 países entre os que se encontra España. Os obxectivos do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz son: . Mellorar a comprensión pública de como a luz e as súas tecnoloxías relacionadas afectan á vida cotiá e son esenciais para o futuro desenvolvemento da Humanidade. . Desenvolver a capacidade educativa mediante actividades orientadas á difusión da cultura científica entre os mozos en todo o mundo. . Aumentar a cooperación internacional. . Difundir os descubrimentos dos séculos XIX e XX que demostraron a importancia fundamental da luz na ciencia e o desenvolvemento científico. . Destacar a importancia da investigación e fomentar vocacións científicas no ámbito da luz e as súas aplicacións. . Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sostible e na mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento. . Dar a coñecer a profunda relación que existe entre a luz, a arte e a cultura, así como fortalecer o papel das tecnoloxías ópticas na preservación do patrimonio cultural. . Conseguir que os logros e obxectivos anteriores perduren no tempo máis alá de 2015.
Ver tamén 2015 Ano Internacional do solo

Midway

É alucinante o que estamos a facer moitas veces insconscientemente co lixo que xeneramos todos os días. A nosa "casa" resíntese. Todos somos cómplices do que lle deixamos ós nosos fillos. Esperemos que as cousas muden para o ben de todos.

Océanos de plástico

A hora 11

Documental que nos fai reflexionar sobre as transformacións que están a suceder por culpa da falta de respecto do home coa natureza